O BNG esixe á Xunta que rectifique a limitación de prazas nos colexios Eduardo Pondal, Paraixal e O Sello
A fronte nacionalista acusa o Goberno galego de “estrangular” os centros educativos públicos da cidade ao restrinxir a oferta de novas prazas en educación infantil
Xabier P. Igrexas: “Estamos ante unha decisión política deliberada: recortar no público para favorecer o negocio privado nun ámbito tan fundamental como é o ensino”