recortes
Novas
navia01

O BNG esixe no Parlamento galego que se revertan os recortes no IES San Tomé de Vigo

A fronte nacionalista presenta unha iniciativa para reclamar á Xunta que incremente os grupos e o profesorado de 1º da ESO, así como o persoal de orientación, tal como demanda a ANPA do centro.

A deputada Alexandra Fernández advirte de que esta decisión ten “consecuencias negativas sobre o ensino, o exceso de carga laboral no profesorado, ademais de supor unha masificación das aulas cando aínda estamos enfrontando os riscos da pandemia”.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, inscribiu os recortes nunha política deliberada do PP para “desangrar o ensino público".

Ler novas
Novas
Montse Prado e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG denuncia un novo contrato millonario da Xunta para derivar pacientes á sanidade privada na área de Vigo

A deputada, Montse Prado, esixe que o PP deixe de actuar como comercial a favor das multinacionais da sanidade privada e anuncia emendas aos orzamentos da Xunta de 2022.

Xabier P. Igrexas: “As decisións que se están a adoptar desde o Sergas e a Consellaría de Sanidade supoñen unha grave ameaza para a saúde de toda a área sanitaria de Vigo”.

Ler novas
Novas
Alexandra Fernández e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa

O BNG rexeita que o novo centro de saúde de Bouzas quede reducido a unha soa consulta de medicina de familia e enfermería

A deputada Alexandra Fernández esixe una rectificación do PP e anuncia que vai solicitar no Parlamento galego que se recupere a dotación de persoal prevista no proxecto inicial.

O portavoz municipal en Vigo, Xabier P. Igrexas, cualifica a medida de insulto á veciñanza de Bouzas e ao conxunto da cidade cando a Atención Primaria está ao borde do colapso.

Ler novas
Novas
ceip castelao navia

O BNG urxe a Xunta a cesar nos recortes nos colexios públicos de Vigo e atender as demandas da comunidade educativa

A fronte nacionalista esixe o Goberno galego que escoite as peticións das ANPAs e dos equipos docentes, entre outros, do Centro de Educación Especial Saladino Cortizo, do CEIP Castelao de Navia e do CEIP Paraixal de Teis.

Xabier P. Igrexas: “A Consellaría de Educación está aproveitando esta paulatina volta á normalidade para impoñer máis e máis recortes contra o ensino público da nosa cidade”.
Ler novas
Novas
frian01

O BNG de Vigo reclama o mantemento das dúas liñas de educación infantil no CEIP Frián Teis

A deputada, Alexandra Fernández, anunciou a presentación de iniciativas no Parlamento galego contra un recorte “inxusto e inxustificado” que compromete o futuro do centro educativo.

Xabier P. Igrexas: “A Xunta ten que cesar no seu continuado ataque contra o ensino público en Vigo mentres seguen a transferir máis e máis recursos aos centros privados e concertados”.

Ler novas
Novas
xabier p

O BNG de Vigo critica os novos recortes do Sergas na atención pediátrica na cidade

Xabier P. Igrexas: "Un verán máis a Xunta do Partido Popular castiga a cidade de Vigo con recortes sanitarios. Coruxo volverá ficar sen pediatra e catro centros de saúde non terán atención pediátrica pola tarde. É intolerábel.”

A fronte nacionalista chama a que as viguesas e vigueses aposten pola reversión dos recortes e a blindaxe da sanidade pública apoiando o proxecto de “cambio galego” que lidera Ana Pontón.

Ler novas
Xunta
FOTO PRADO E IGREXAS POVISA 1

O BNG esixe que a Xunta actúe diante dos recortes sanitarios ordenados pola dirección de Povisa

  • O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, denuncia que co concerto especial de Povisa as case 140 mil pacientes adscritas ao centro privado son tratadas como “pacientes de segunda” e responsabiliza o Partido Popular desta situación.
  • A deputada Montse Prado solicitará a comparecencia do conselleiro de  Sanidade no Parlamento de Galiza, así como que se realice unha investigación a fondo polo Sergas e se audite o funcionamento do convenio con Povisa. 
Ler novas