O BNG de Vigo esixe o rescate da concesión do Álvaro Cunqueiro para o converter nun “hospital cento por cento público”
Denuncia que a súa privatización beneficia unicamente a un fondo de investimentos francés, que xa obtivo 23 millóns de euros en lucros, mentres a área de Vigo soporta un hospital recortado e insuficiente
Xabier P. Igrexas: “Temos que poñer fin ao modelo co que o PP fixo da saúde das viguesas e dos vigueses un lucrativo negocio para empresas privadas”