Novas
Xabier P. Igrexas: “O BNG rexeitamos destinar un só euro público para instalar símbolos relixiosos en Vigo”
A fronte nacionalista esixe a Abel Caballero que non execute o convenio entre o Concello e o Bispado para financiar con 106 mil euros a macroescultura na ermida da Guía.
Solicita ademais acceso íntegro ao expediente municipal polas “serias dúbidas” sobre unha posíbel caducidade da licenza para as obras, outorgada en outubro de 2020.