teis
Novas
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas

O BNG de Vigo pide a Caballero que deixe de tomar o pelo á veciñanza de Teis coa súa “biblioteca fake”

Denuncia que o proxecto aprobado, do que hoxe se instalou a primeira pedra, só preve unha sala de lectura sen dotación de libros nin profesionais bibliotecarios

A fronte nacionalista insiste en reclamar a rectificación do proxecto de Teis e reiniciar o proxecto de rede municipal de bibliotecas en todos os barrios e parroquias

Xabier P. Igrexas: “En lugar dunha verdadeira biblioteca o que pretende colar Caballero é unha mini sala de lectura na que, por non haber, non haberá nin exemplares das magníficas novelas das que el é autor”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo reclama cooperación real entre Xunta e Concello para desbloquear a recuperación da ETEA e pide o fin da “batalla de selfies”

A fronte nacionalista pide que a sinatura do convenio para a urbanización do PS-1 sexa un “punto e á parte que remate coa lea estéril de egos e logotipos”

Critica que o único feito concreto do Goberno galego nos últimos 16 anos foi a instalación duns aseos públicos

Xabier P. Igrexas: “PP e PSOE non poden seguir ofrecendo promesas incumpridas, infografías e anuncios baleiros mentres o proxecto continúa encallado”

Ler novas
Novas
Néstor Rego e Xabier P. Igrexas en rolda de prensa (imaxe de arquivo)

O BNG exixe pantallas acústicas e a conversión urbana da AP-9 para rematar coa “tortura de ruído” en Teis

A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Congreso en resposta á nova exclusión do barrio vigués do Plan de Acción contra o Ruído por parte do Ministerio de Transportes

Néstor Rego: “Leva 40 anos xerando un impacto moi grave, dividindo o barrio e sometendo miles de persoas a niveis de ruído incompatíbeis coa saúde”

Xabier P. Igrexas: “A resposta do alcalde Abel Caballero diante deste maltrato é axir de cómplice e consentidor do Goberno de PSOE e Sumar”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo esixe á Deputación que asine hoxe o convenio para a reforma da piscina de Teis

Acusa o Goberno local e provincial de utilizar como “reféns da súa disputa partidista infantil por unha foto” a 1.500 veciños e veciñas que levan leva 42 meses coa instalación pechada

Xabier P. Igrexas: “Non pode ser que decisións caprichosas e teimas personalistas impidan un acordo necesario en favor da cidade e do barrio de Teis”

A deputada do Bloque, Manuela Rodríguez, reclamou este venres na Deputación a sinatura

Ler novas
Novas
piscina teis

O BNG esixe que Concello e Deputación deixen de facer refén a Vigo da súa pelexa partidista e asinen de inmediato o convenio para a piscina de Teis

Lembra que a piscina leva fechada desde hai 1.270 días e urxen a sinatura para que o ente provincial transfira o financiamento necesario para acometer as obras e reabrila

Xabier P. Igrexas: “Que unha foto, que o alcalde non quere e a vicepresidenta da Deputación esixe, sexa o atranco para asinar un convenio co que Vigo reciba 5 millóns de euros é un delirio irresponsábel”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas e Ana Martínez con representantes da Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galiza (Bamad)

O BNG de Vigo pide rectificar o proxecto de biblioteca de Teis para evitar unha “estafa política” á veciñanza

A fronte nacionalista contrastou con responsábeis de Bamad que o proxecto municipal limita o espazo a unha sala de lectura, sen fondos nin persoal especializado

Demandan que se rectifique o proxecto aprobado por incumprir os estándares mínimos para unha biblioteca segundo os parámetros técnicos do Mapa de Bibliotecas de Galiza

Xabier P. Igrexas: “Despois de 11 anos e máis de 20 anuncios, Abel Caballero non pode seguir tomándolle o pelo á veciñanza. Teis merece unha biblioteca de verdade”

Ler novas
Novas
Concentración da AV Teis pola falla de persoal no centro de saúde

O BNG alerta no Parlamento galego da “situación límite” do centro de saúde de Teis por falla de persoal

A fronte nacionalista denuncia que están sen cubrir un terzo das prazas de médicos e médicas de familias e con menos da metade do persoal facultativo necesario polas tardes

Alexandra Fernández: “Para a veciñanza de Teis contar con médico ou médica no seu centro de saúde é máis unha lotaría que un dereito garantido”

Xabier P. Igrexas: “Parece que para o PP as viguesas e os vigueses non podemos enfermar en verán, con recortes tamén en Coia, Navia, Pintor Colmeiro ou Matamá”

Ler novas
Novas
Piscina Teis

O BNG de Vigo urxe a Caballero a dar solucións as máis de 1.500 persoas usuarias da piscina de Teis

A fronte nacionalista denuncia a “lentitude incomprensíbel” do Goberno municipal que se volveu confirmar na Mesa de Contratación de hoxe na que a licitación da elaboración do proxecto de reforma que tardará, como mínimo, varias semanas en resolverse

Apoian a reivindicación da veciñanza de Teis de recuperar a piscina da ETEA, actualmente cuberta para volver dar servizo tras 15 meses de inactividade

Xabier P. Igrexas: “É un disparate que habendo unha segunda piscina no barrio, se castigue ás veciñas e veciños de Teis sen esa instalación deportiva por un prazo que podería chegar perfectamente, visto o ritmo do Goberno, até ben entrado o ano 2025”

Ler novas