O BNG reivindícase como a "única alternativa en positivo fronte ao desgoberno de Caballero e un PP descabezado”
A fronte nacionalista valora o primeiro ano do actual mandato no Concello de Vigo con 334 iniciativas formuladas: "Acompañamos cada denuncia dunha proposta concreta”
Destaca as alternativas presentadas para poñer fin ao abandono dos barrios e parroquias, para a mellora do bus urbano e fronte ao grave problema da vivenda, entre outras
Xabier P. Igrexas: “A forza que nos move é a dos moitos milleiros de viguesas e vigueses que arelan un cambio de rumbo”