O BNG de Vigo esixe ao PP que cese na súa campaña contra o naval e asegure o futuro da actividade no antigo estaleiro Vulcano
Xabier P. Igrexas: “As declaracións de onte de Enrique López Veiga son infames e verifican que o único que pretendía o PP desde a Autoridade Portuaria era finiquitar o estaleiro para destinar a parcela a outros usos”.
A fronte nacionalista manterá mañá, xoves, un encontro co Comité de Empresa do estaleiro para abordar a situación creada após a sentenza sobre a concesión portuaria e anunciar iniciativas políticas en favor da continuidade da actividade naval nas gradas de Teis.