Xabier P. Igrexas: “O ingreso en prisión dun dos condenados polo caso ‘enchufe’ non resolve o maior escándalo de corrupción na historia da cidade de Vigo”

Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo
Xabier P Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo
O portavoz municipal do BNG de Vigo demanda esclarecer se houbo indutoras ou indutores do delito e quen facía parte da trama corrupta do 'Caso Enchufe'
Xabier P. Igrexas: “O ingreso en prisión dun dos condenados polo caso ‘enchufe’ non resolve o maior escándalo de corrupción na historia da cidade de Vigo”
O ingreso en prisión dun dos condenados polo caso "enchufe" non resolve o maior escándalo de corrupción na historia da cidade de Vigo.

Queda inda por esclarecer se houbo indutoras ou indutores do delito e quen facía parte da trama corrupta que perpetrou o enchufe, porque é moi dificil de acreditar en que un alto funcionario (e destacado dirixente do PSOE) colocou por casualidade a cuñada da primeira tenente de alcalde.

Nese sentido, o BNG seguiremos a defender, como fixemos desde o primeiro momento, a necesidade de chegar até o final, caia quen caia.

É lamentábel que o PSOE de Abel Caballero decidise encubrir este asunto tan grave e que supuxo o roubo de máis de 100 mil euros de diñeiro público, negándose a condenalo no Pleno, sen dar ningunha explicación á cidadanía e bloqueando a creación dunha Comisión de Investigación no Concello e a posta en marcha dunha Oficina Municipal Anticorrupción, como esiximos desde o BNG.
Xabier P. Igrexas: “O ingreso en prisión dun dos condenados polo caso ‘enchufe’ non resolve o maior escándalo de corrupción na historia da cidade de Vigo”