Adán: O BNG tentará botar abaixo os decretos de liberalización de horarios e rebaixas do comercio"
A candidata número 2 do BNG por Pontevedra, Carme Adán, expresou este xoves nunha visita ao mercado do Berbés a preocupación do Bloque Nacionalista Galego pola situación que atravesa o pequeno e mediano comercio, tendo en conta que nos últimos anos pecharon en Vigo arredor de 1.600 comercios, unha cuarta parte do comercio vigués. Adán criticou as medidas impulsadas polos gobernos do PP, ao aprobar os decretos de liberalización horaria e de rebaixas así como do aumento do IVE, que ao seu xuízo van en contra do pequeno e mediano comercio.
Ademais de escoitar as demandas dos pequenos comerciantes do mercado do Berbés, Carme Adán afirmou que a visita tamén tivo o obxectivo de mostrar as propostas do BNG para o sector. O Bloque Nacionalista Galego tentará botar abaixo estes reales decretos a través dun recurso de inconstitucionalidade porque entendemos que sobrepasan as competencias propias de Galiza e prexudican aos pequenos establecementos, destacou
No Bloque temos claro que o pequeno e mediano comercio é o corazón dunha cidade, manifestou a candidata. Por iso asegurou que outra das medidas que contempla a formación nacionalista para aplicar a partir do 22 de outubro é que non volva a haber unha implantación masiva de grandes superficies, porque o que están facendo e rematar co comercio tradicional, sinalou.
Carme Adán, ademais, destacou que hoxe o BNG tamén quixo amosar as medidas para que se consuman produtos galegos, para que se aposte polo comercio galego, e para que os produtos de calidade de Galiza sexan realmente a marca que utilicen todos os galegos e galegas no seu consumo cotiá. Sinalou ademais a preocupación por que as grandes superficies non teñan produtos galegos.
O portavoz municipal do BNG, pola súa banda, mannifesou que outras formacións políticas empéñanse en facer uso da mentira e das promesas incumpridas, pero dende o primeiro día de campaña no BNG dixemosque queremos escoitar á cidadanía. Santi Domínguez asegurou, nesta liña, que as alternativas que o Bloque plantea para gobernar Galzia baséanse en saber como está a xente e cales son os seus problemas reais, como hoxe con esta visita ao mercado do Berbés.
Destacou que a candidata Carme Adán quixo estar cerca dos comerciantes para explicarlles que hai posibilidade de cambio e que se o BNG abandeira o vindeiro goberno imos traballar polo pequeno e mediano comercio e imos non traballar polas grandes superficies comerciais.