O Bloque demanda ao alcalde que cumpra os acordos plenarios e atenda as demandas da cidadanía

O Bloque demanda ao alcalde que cumpra os acordos plenarios e atenda as demandas da cidadanía

Durante a visita que o grupo municipal do BNG realizou ao barrio de Teis, Iolanda Veloso demandou ao alcalde o cumprimento dos acordos plenarios para que se atendan as diversas demandas da cidadanía. Referíase así ás roturas que se teñen producido en distintas rúas de Teis, entre as que considerou a de Boán como a “máis rechamante”, ao producirse varios afundimentos e a entrada de auga en baixos e garaxes.

Iolanda Veloso denunciou que os veciños e veciñas afectados non recibiron ningunha indemnización por parte de Aqualia “nin se tomaron medidas para atender estes problemas tan graves”. A portavoz municipal do BNG lembrou que hai un acordo plenario instando ao goberno a soluciononar estes problemas nos distintos barrios da cidade e se garanta o mantemento dos servizos.

“O alcalde anuncia obras na rúa Camelias argumentando que é un punto negro da cidade, que non digo que non o sexa; pero entón Teis é xa un burato negro”, comentou Veloso tras manter unha xuntanza con representantes da Asociación Veciñal na súa sede.

A portavoz nacionalista criticou que en concreto haxa demandas deste colectivo plantexadas desde hai meses e que non son atendidas. Precisamente esta situación provoca que desde a Asociación se acuse ao goberno local de “falta de diálogo”.

 

O Bloque demanda ao alcalde que cumpra os acordos plenarios e atenda as demandas da cidadanía