O Bloque terá o seu epicentro en Vigo na última semana de campaña, co colofón do mitin central

O Bloque terá o seu epicentro en Vigo na última semana de campaña, co colofón do mitin central

O responsable comarcal desta ademais a celebración de repartos informativos e actos públicos nos barrios da cidade

Manuel Caride critica a “excesiva demora” na concesión dos permisos para desenvolver determinados actos

 

actos fin campaña webVigo, 19 de maio de 2014.- O responsable comarcal do BNG vigués, Manuel Caride, e a responsable de organización, Manuela Rodríguez, destacaron que para o Bloque Vigo é a cidade de referencia tanto no plano demográfico como polo seu tecido industrial. “Por iso teremos na cidade o noso epicentro nesta última semana de campaña”, destacou.

Repartos informativos nos barrios, nos centros hospitalarios, en Citroën e actos públicos en Coia e Navia son algunhas das actividades que se celebrarán en Vigo esta semana, segundo explicou o responsable comarcal. Esta axenda “terá o seu colofón” no acto de peche de campaña o vindeiro venres ás 20 horas no auditorio da Estación Marítima, coa presenza da cabeza de lista Ana Miranda.

“Temos unha candidatura cun contido social claro”, afirmou Manuel Caride ao salientar que ademais de Ana Miranda a lista inclúe a Alberte Mera, responsable de Galiza Nova; Miriam Rodríguez, afectada polas preferentes do Baixo Miño; Óscar Rodríguez, traballador do naval; Manuel Garcia Moreira, responsable da plataforma SOS Sanidade Pública; e Alba Fidalgo, activista social, entre outras persoas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERANeste sentido a responsable de organización, Manuel Rodríguez salientou que o Bloque está desenvolvendo unha “campaña de proximidade” baseada no esforzo e “o traballo militante do único equipo da casa”. Precisamente para o responsable comarcal o 25 de maio é “unha data clave” para que o este equipo da casa poida estar en Europa defendendo os intereses galegos. Nesta liña lembrou a importancia do traballo do Bloque desenvolvido por Ana Miranda en Bruxelas para sectores como o pesqueiro e o agrogandeiro.

Pedra no zapato

Por outro lado, o responsable comarcal lamentou a “excesiva demora á hora de conceder permisos” para celebrar actos públicos, aínda que considerou que non son máis que “unha pedra no zapato”. Neste sentido e en resposta aos medios explicou o acontecido co permiso para celebrar o mitin central.

Segundo sinalou Manuel Caride, presentouse a solicitude para celebrar este acto na praza da Constitución o 10 de abril; o informe favorable data do 15 de abril; prodúcese a anulación da sinatura do permiso o 14 de maio; e finalmente recíbese a confirmación do permiso o 16 de maio.

O responsable comarcal fixo referencia tamén ao sucedido co permiso para celebrar o mitin de inicio da campaña, solicitado para a praza do Emigrante. Este permiso foi denegado en virtude do argumento de que alí celebraría o seu acto inicial de campaña o PSOE, malia que este partido elixiu finalmente outro emprazamento.

 

O Bloque terá o seu epicentro en Vigo na última semana de campaña, co colofón do mitin central