O BNG participa nas protestas do persoal sanitario contra o peche de camas nos centros hospitalarios

O BNG participa nas protestas do persoal sanitario contra o peche de camas nos centros hospitalarios

O candidato nacionalista Manuel Moreira salienta que o PP pretende axustar os orzamentos recortando os gastos imprescindibles da sanidade pública

 

O BNG participar na protesta contra os recortes na sanidade pública Vigo, 21 de maio de 2014.- O candidato número 8 do BNG ao Parlamento europeo e médico de familia, Manuel Moreira, e a portavoz municipal, Iolanda Veloso, participaron esta mañá nas protestas que protagonizaron os traballadores e traballadoras do Meixoeiro en contra do peche de camas hospitalarias previsto polo Sergas para o verán.

“Estamos nesta concentración para denunciar o peche de camas cando son un recurso imprescindible para solucionar o problema das listas de espera en Vigo”, salientou Manuel Moreira, quen recordou que a cidade ten a lista de agarda máis alta de toda Galiza.

Neste sentido, lembrou que o Sergas xa anunciou o peche de 1.240 camas en toda Galiza, das que 220 corresponden aos hospitais vigueses. Criticou ademais que a conselleira da Sanidade diga que este peche non ten consecuencias negativas na sanidade porque cada vez se realizan menos operacións que necesitan hospitalización.

“En realidade o que pretente o Partido Popular é axustar os orzamentos recortando gastos necesarios na sanidade pública”, denunciou o candidato nacionalista, quen ademais criticou que a Consellería de Sanidade toma medidas “absolutamente improvisadas”.

 

 

O BNG participa nas protestas do persoal sanitario contra o peche de camas nos centros hospitalarios