O BNG esixe que o alcalde asuma a súa responsabilidade e destitúa aos edís implicados nos enchufes

O BNG esixe que o alcalde asuma a súa responsabilidade e destitúa aos edís implicados nos enchufes

Iolanda Veloso critica que Caballeiro non queira dar explicacións políticas á oposición e á cidadanía do que acontece no Concello

 

declaracións pleno extra 2Vigo, 18 de marzo de 2015.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, valorou a negativa do alcalde a convocar o pleno extraordinario para dar explicacións sobre os supostos enchufes polos que están imputados tres funcionarios municipais. “Esiximos respostas por parte do alcalde e a destitución dos concelleiros implicados na imputación dos funcionarios, Santos Héctor e Ángel Rivas”, subliñou.

“Toda a cidade está pedindo explicacións sobre o que está acontecendo neste Concello”, subliñou Iolanda Veloso, quen defendeu que o BNG pide “explicacións políticas ao alcalde que para iso está gobernando cos votos da cidadanía de Vigo”, independentemente da investigación xudicial aberta.

Neste sentido, a voceira nacionalista afirmou que a xustiza determinará as conclusións da investigación xudicial “pero hai responsabilidades políticas sobre as actuacións deste goberno”. Precisamente asegurou que o BNG pide explicacións políticas sobre a situación que atravesa o Concello de Vigo, pero que “non entendemos por que insiste en non querer dalas. Que non queira dar explicacións non da para pensar ben”, engadiu.

Escudarse nun funcionario

Iolanda Veloso criticou que o alcalde se escude nun funcionario para non convocar o pleno reclamado polo PP, sendo unicamente súa a potestade de convocar ou non convocar a sesión plenaria. “Nós apoiamos a celebración deste pleno porque levamos meses pedindo explicacións e presentando iniciativas plenarias sobre os distintos procesos xudiciais abertos no Concello de Vigo”, destacou.

“Nós non pedimos responsabilidades aos funcionarios, senón aos xefes políticos dos funcionarios”, manifestou a portavoz do BNG, quen lembrou que “por riba dos funcionarios hai cargos políticos que deciden que se está facendo cos cartos públicos deste concello”. Segundo afirmou Veloso, por estas razóns o Bloque quere “que o alcalde dea unha resposta política e que haxa responsabilidades políticas”.

 

O BNG esixe que o alcalde asuma a súa responsabilidade e destitúa aos edís implicados nos enchufes