O BNG vigués respalda por unanimidade a candidatura completa para as municipais de maio
Serafín Otero, destaca que o segundo tramo da lista, aprobado hoxe en asemblea, integra persoas independentes e de colectivos sociais
Vigo, 18 de marzo de 2015.- A candidatura coa que BNG-Asembleas abertas se presentará ás municipais do vindeiro 24 de maio acadou hoxe o respaldo unánime da asemblea. Esta lista, encabezada por Serafín Otero e pechada simbolicamente pola actual portavoz municipal, Iolanda Veloso, representa a culminación dun proceso iniciado hai meses baixo o lema Construíndo futuro, tal e como destacou na súa intervención o responsable local do Bloque Henrique Viéitez.
Aprobamos unha candidatura representativa dos movementos sociais e veciñais dos diferentes barrios e parroquias da nosa cidade, subliñou o candidato Serafín Otero, quen tamén destacou que a lista está conformada por un bo número de persoas independentes e que se caracterizan polos seu traballo na defensa dos dereitos.
O primeiro tramo da candidatura está integrado, ademais de Serafín Otero, Vitoria Iglesias; Manuel G. Moreira; Ernes Rodríguez; Manuel Caride; Dolores Rodríguez; Diego Santorio; Elsa Quintas; Xabier Pérez; e Maribel Tato.
O segundo tramo, pola súa banda, está conformado por Francisco González Sío; Raquel Vázquez Vázquez; Antón Piñeiro Lorenzo; María Valderrama Martinez; Adrián Rodríguez Bravo; Sabela Suárez Rodríguez; Xose Manuel Atanes Limia; Humildade Romero Alvarez; Xosé Sánchez Blázquez; Margarida Blasco Fernández; Adolfo Álvarez Vila; Cristina Hermida Moinelo; Eduardo Ruanova Davila; Amparo Alonso Sanchís; Xoaquín Domínguez Lorenzo; Lidia Fariña Piñeiro; e Iolanda Veloso Ríos.
Como suplentes, da lista tamén forman parte Carlos Ribeiro, Andrea Tato Boullón, Brais Fortes Novóa, Carmela González Iglesias e Anxo Terán Comesaña.