O BNG esixe que os investimentos do superávit sirvan para solucionar xa os problemas dos barrios

O BNG esixe que os investimentos do superávit sirvan para solucionar xa os problemas dos barrios

Iolanda Veloso e Xabier Alonso visitaron Coia e trasladaron aos representantes veciñais o respaldo do Bloque ás súas demandas de mellora dos viais e o saneamento

OLYMPUS DIGITAL CAMERAVigo, 18 de marzo de 2014.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, e o concelleiro Xabier Alonso visitaron esta mañá o barrio de Coia, onde se reuniron con representantes das entidades sociais e culturais da zona. No encontro trasladáronlle o respaldo do Bloque a respecto das súas queixas sobre a situación do barrio e a reclamación de que os investimentos do superávit “sirvan para solucionar definitivamente os problemas dos barrios”.

Durante o percorrido por diversas rúas de Coia, Iolanda Veloso criticou que o alcalde teña “o empeño de solucionar os problemas estéticos dalgunhas zonas da cidade con supostas humanizacións pero non se preocupe coa mesma forza por solventar os problemas reais dos veciños e as veciñas de Vigo”.

Neste sentido, a voceira nacionalista fixo referencia á continua rotura de tuberías en diversas rúas, algunhas delas causantes de graves inundacións e a perda irreparable de material de varias asociacións sociais, así como o parcheado das beirarrúas. "Nestes días de sol vemos que estas rúas aguantan, pero nin se reparan definitivamente as tuberías nin as beirarrúas”, denunciou.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Iolanda Veloso lembrou que este mesmo problema é o que se vén producindo desde hai anos noutro barrio, como é o de Teis. “O goberno local debería centrarse en solucionar os problemas graves e reais da veciñanza en lugar de ocuparse dos problemas estéticos dalgunhas zonas”, manifestou.

Precisamente a representante do Movemento veciñal “O noso barrio” Henar Hergueras criticou a situación que se vive en Coia desde hai tempo e asegurou que os desperfectos en diversas rúas do barrio, especialmente Nigrán, Baiona e A Guarda, son continuados desde hai dous anos.

 

O BNG esixe que os investimentos do superávit sirvan para solucionar xa os problemas dos barrios