O BNG felicítase de que se volva cortar chapa en Barreras pero alerta da crise do sector industrial

O BNG felicítase de que se volva cortar chapa en Barreras pero alerta da crise do sector industrial

Iolanda Veloso critica que as administracións non tomen medidas para solucionar os problemas que provoca a falta de financiamento das empresas

declaracións floteis

Vigo, 29 de xaneiro de 2014.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, destacou que é “unha boa noticia que por fin se corte chapa nas gradas de Barreras”, pero alertou de que a decisión de facer os floteis de Pemex en Galiza “está moi lonxe” de ser a solución global á grave crise que atravesa o sector industrial vigués.

“Felicitámonos de que haxa persoas que volvan a traballar en Barreras, pero a situación da industria é moi complicada”, salientou Iolanda Veloso. Neste sentido explicou que o problema do financiamento crea unha situación “moi grave” ás empresas mentres as administracións non están tomando medidas para solucionala.

A portavoz nacionalista lembrou que a adxudicación dos floteis por parte de Pemex prodúcese ano e medio despois do anuncio feito polo presidente da Xunta de Galiza e tras varios atrasos consecutivos. “Pola cantidade de veces que Feijóo celebrou os contratos con Pemex pensamos que os buques xa estaban construídos”, ironizou.

Iolanda Veloso lamentou que este proceso “levouse a moita xente por diante”, tendo en conta o desprazamento que se produciu de traballadores e traballadoras do naval e o peche de varias industrias auxiliares.

 

O BNG felicítase de que se volva cortar chapa en Barreras pero alerta da crise do sector industrial