O BNG reclama maior protección laboral e da seguridade social para os enferm@s de cancro
A portavoz municipal e o responsable comarcal participaron na concentración con motivo do Día Mundial contra o Cancro
Vigo, 4 de febreiro de 2014.- Cómpre promover una reforma que dea seguridade xurídica desde a Seguridade Social ás personas que están nesta situación, destacou a portavoz municipal do BNG, quen considerou que as circunstancias son terribles no caso das persoas que padecen enfermedades graves derivadas de carcinomas ou patoloxías similares.
Iolanda Veloso sinalou que ás propias inseguridades derivadas da súa situación clínica das persoas enfermas e e á posición vulnerable que sofren perante o mercado de traballo, únese unha fuerte inseguridade pola espera da calificación da súa capacidade laboral.
A proposición non de lei presentada polo Bloque estima que as personas con este tipo de enfermidades, cuxa curación e recuperación é a medio ou longo prazo, teñen grandes dificultades para manter o seu vínculo co mercado de traballo. Vense na situación de que cando agotan a prestación de incapacidade temporal manteñen un vínculo profesional moi debilitado. Porén, unha maior desprotección sofren quen se atopa en situación de desemprego cando se lle diagnostica a enfermidade.
Co obxectivo de mudar este sistema que deixa na desprotección ás persoas enfermas de cancro segundo sinala a portavoz nacionalista, o Bloque fai un chamamento a asinar o manifestó de apoio para que esta proposición non de lei saia adiante.