O BNG reclama á Xunta que investigue o destino dos recursos públicos de Povisa

O BNG reclama á Xunta que investigue o destino dos recursos públicos de Povisa

Monste Prado cualifica de “vergonzoso e indignante” que Feijoo achaque o colapso de urxencias ao aumento das roturas de cadeira

Serafín Otero alerta de que os recortes de persoal en Povisa poden afectar á calidade asistencial e á limpeza dos quirófanos

 

visita traballadores Povisa 13 marzo webVigo, 13 de marzo de 2015.- A deputada do BNG, Montse Prdo, e o candidato á alcaldía, Serafín Otero, visitaron ás traballadoras e traballadores de Povisa en folga de fame para protestar polos últimos despedimentos anunciados pola empresa. Anunciaron a presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento galego nas que o BNG insta ao goberno galego a realizar unha investigación que detalle onde destina Povisa os cartos públicos que recibe e a readmitir aos traballadores despedidos.

Serafín Otero denunciou o risco de que a inestabilidade laboral en Povisa afecte á calidade da sanidade e “provoque problemas na calidade asistencial”. Neste sentido destacou que o BNG ten noticias de que a redución de persoal afecta á limpeza de dos quirófanos, co risco que isto supón para as persoas que necesitan ser operadas.

“Non se trata de ser alarmista, pero consideramos que esta situación é preocupante, polo que imos facer unha investigación para saber se é certo”, manifestou o candidato nacionalista, quen tamén expresou a preocupación do Bloque por visita traballadores Povisa interiorque este centro hospitalario “exclusivamente” está atendido por dous celadores durante a noite. “Esperemos que non haxa ningunha morte, pero se se produce, o último responsable é o presidente da Xunta”, subliñou.

Situación temeraria

Nesta liña se pronunciou a deputada nacionalista Monste Prado, quen cualificou que a loita dos traballadores e traballadoras está xustificada “porque a política laboral é escandalosa desde hai tempo, pero ultimamente vén cruzando liñas vermellas”. Segundo Monste Prado, a situación actual de Povisa é temeraria pola redución de persoal e polo uso que fai dos recursos públicos, tal e como denuncia o propio comité de empresa.

Explicou que na comisión de Sanidade que terá lugar a vindeiro xoves, o BNG presentará unha proposición non de lei na que reclamará que o goberno galego poña en marcha unha investigación na que se detalle cal é o “destino exacto” dos recursos públicos que recibe Povisa, pero tamén canto destina a persoal e se o persoal que cobra con cargo a concerto que ten co Sergas só atende a usuarios da sanidade pública ou tamén da privada.

O Bloque tamén quere saber que acontece coas quendas en Povisa e por que a metade de plantilla teña redución de xornada e cales son os ratios deste hospital, xa que a empresa ten que cumprir as mesmas condicións que o resto dos centros hospitalarios do Sergas e de non ser así pode ser penalizado.

visita traballadores Povisa interior 2“A Xunta non pode mirar para outro lado porque a atención que se está dando a máis de 130.000 persoas da área sanitaria de Vigo é temeraria”, manifestou a deputada nacionalista, quen salientou que o BNG demandará de novo que o Sergas faga público o último concerto que asinou con Povisa, polo que recibe 75 millóns de euros anuais.

Rectificación de Núñez Feijoo

Por outro lado, Prado reclamou a Núñez Feijoo que rectifique as súas palabras xa considerou que é “vergonzoso e indignante” que o presidente da Xunta onte se atrevera a dicir que a causa do colapso nas urxencias, “o enésimo”, é polo aumento das roturas de cadeira. “En xaneiro foi a gripe e agora son as cadeiras, é indignante”, manifestou. “Está poñendo en situación límite a sanidade pública galega”, denunciou.

 

O BNG reclama á Xunta que investigue o destino dos recursos públicos de Povisa