O Bloque esixe responsabilidades políticas pola imputación de tres funcionarios municipais

O Bloque esixe responsabilidades políticas pola imputación de tres funcionarios municipais

Serafín Otero: “É un acto de covardía política que pasen os días e o alcalde non dea explicacións”

Iolanda Veloso acusa a Caballero de “moi pouco respecto democrático á corporación municipal e á cidadanía”

 

declaracións SerafínVigo, 12 de marzo de 2015.- O candidato do BNG á alcaldía, Serafín Otero, e a portavoz municipal, Iolanda Veloso, manifestaron hoxe a postura do Bloque sobre as imputacións de tres funcionarios do Concello de Vigo sobre o suposto caso de enchufismo relacionado coa tenente de alcalde, Carmela Silva. Así, expresaron o respaldo ao pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular, aínda que recordaron que o PP “estivo calado até agora, mentres desde desde o en repetidas BNG pedimos explicacións en reiteradas ocasións sobre enchufismo e corrupción”.

“Temos que dicir que o BNG e a súa portavoz é a única que preguntou no pleno para que o alcalde dese explicacións sobre o enchufismo. Só o BNG e non outro grupo”, resaltou o candidato nacionalista, quen asegurou que non se entende que o alcalde non dea explicacións cando hai tres funcionarios do Concello de Vigo imputados, de forma que semella que os políticos se escudan nos funcionarios, xa que estes “reciben ordes de quen manda no concello”.

Enchufismo claro

Segundo destacou Otero, “pedimos responsabilidades independentemente do que diga a xustiza” xa que ao seu xuízo hai “unha situación moral e unha situación política” que así o reclama, polo caso de “enchufismo claro”. Para o candidato do BNG, “teñen que dar a cara “ e resulta “un acto de covardía política que pasen os días e o alcalde non dea ningún tipo de explicacións”.

 

declaracións Iolanda

Nesta liña, Iolanda Veloso recordou que o BNG pediu explicacións en múltiples ocasións non só nos medios, presentando preguntas no pleno e pedindo ao alcalde que dese explicacións “xa desde a operación Patos”. “Xa pedimos responsabilidades políticas daquela”, subliñou.

“Dixemos que se un concelleiro do BNG estivera imputado estaría deixando o seu cargo”, manifestou a portavoz municipal, quen polo tanto considerou que cando un concelleiro está imputado de outro partido, neste caso do Partido Socialista, non deixa o seu cargo, “está asumindo a responsabilidade política de manterse e seguir exercendo a pesar dunha imputación xudicial”. A portavoz municipal salientou que detrás dos funcionarios hai responsables políticos, e asegurou que “temos responsabilidade para inaugurar e facernos fotos e tamén para responder dunha acusación xudicial”.

“O alcalde negouse sempre a responder ao BNG, tanto en pleno como nos medios de comunicacións, e segue negándose a responder agora que aparecen estas novas imputacións”, manifestou Iolanda Veloso, para quen demostra “moi pouco respecto democrático á corporación municipal e á cidadanía, porque o responsable político tería que estar dando explicacións”.

Neste sentido apuntou que se as acusacións son falsas debe dar explicacións para que se deixe de cuestionar o funcionamento dunha institución democrática que está xestionando recursos. “Ten que responder porque é a súa obriga e nós seguiremos insistindo”, subliñou.

 

O Bloque esixe responsabilidades políticas pola imputación de tres funcionarios municipais