O BNG traslada os parabéns aos traballadores e traballadoras de Povisa

O BNG traslada os parabéns aos traballadores e traballadoras de Povisa

As deputadas do BNG Monste Prado e Carme Adán expresaron os parabéns aos traballadores e traballadoras de Povisa tras coñecer a resolución xudicial que anula a pretensión da empresa de aplicar unilateralmente o convenio provincial. Critican ademais a complicidade da Xunta, que nin se prestou a mediar no conflito.

“É unha boa noticia o triunfo da loita dos traballadores e traballadoras, que se enfrontaron as pretensións abusivas da empresa de rebaixar drasticamente as condicións laborais”, subliñou Monste Prado, quen ademais animou a seguir loitando “contra unha reforma laboral inxusta e infame que degrada os dereitos dos traballadores”.

A deputada nacionalista considerou ademais que neste conflito quedou demostrada a complicidade da Xunta e que “lle importa ben pouco a calidade da asistencia sanitaria das preto de 150.000 persoas que teñen asignado este centro hospitalario como centro de referencia”.

Segundo denunciou Prado, a Xunta, e en concreto a Consellería de Sanidade, amosou “que non lle importa a sanidade pública nin os dereitos laborais senón defender os intereses das empresas”.

 

O BNG traslada os parabéns aos traballadores e traballadoras de Povisa