Carme Adán esixe explicacións á conselleira de Sanidade polo peche do centro de saúde de Beiramar

Carme Adán esixe explicacións á conselleira de Sanidade polo peche do centro de saúde de Beiramar

O Bloque denuncia os prexuízos a parte da veciñanza de Bouzas, que serán trasladados ao centro de Rosalía

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERAVigo, 15 de maio de 2014.- A deputada do BNG, Carme Adán, destacou que a conselleira de Sanidade debe explicar os criterios que determinan o peche do centro de saúde de Beiramar, posto que segundo defendeu non hai razóns médicas que o xustifique. A deputada nacionalista salientou asemade que o BNG insta á Xunta a non pechar camas hospitalarias no verán en Vigo e reducir a lista de agarda na cidade, a máis alta de toda Galiza.

“Imos preguntar no Parlamento por que se pecha este centro de saúde”, manifestou Carme Adán na presentación das iniciativas que o BNG levará ao respecto á Cámara Galega, e na que estivo acompañada polo médico e candidato 8 ás eleccións europeas, o concelleiro Xabier Alonso e o responsable comarcal Manuel Caride.

Para a deputada nacionalista, este peche “é un claro exemplo da política sanitaria do Partido Popular, centrada no desmantelamento do servizo público”. En tanto que implica o traslado de médicos e pacientes ao centro de Rosalía, considerou que implica “un claro prexuízo a parte da veciñanza de Bouzas”

Neste sentido criticou a “nula preocupación” da Consellería de Sanidade polo bo funcionamento da sanidade viguesa ao non levar a cabo a construción do centro de saúde de Bouzas e así poder solucionar os problemas de saturación dos existentes.

Mentiras do PP

Por outra banda, Carme Adán reclamou que non se pechen camas hospitalarias na cidade durante o verán. “Non podemos permitir que en Vigo se peche case un cuarto das camas dispoñibles”, manifestou a responsable nacionalista en referencia ao anuncio do Sergas de pechar 256 camas das 1.230 que existen na área sanitaria.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA“Non é certo o que di a conselleira de que non fan falta as camas”, subliñou ao respecto o médico e candidato número 8 ás europeas, Manuel Moreira, quen denunciou que desde o ano 2009 duplicouse o peche de camas durante o verán pese a aumentar a lista de agarda.

Segundo manifestou, “pechar camas supón atrasar intervencións”, problema engadido aos máis de 31.000 pacientes que a Xunta recoñece que integran a listas de agarda estruturais. “Fronte ao incremento incesante da lista de agarda que pacede Vigo o PP aposta por reducir a capacidade da sanidade pública”, denunciou.

Manuel Moreira tamén cuestionou o argumento da conselleira baseado en que no verán diminúe a carga de traballo. Porén, considerou que de ser certa esta diminución “propoñemos que se optimicen os recursos para reducir as listas de espera”.

 

Carme Adán esixe explicacións á conselleira de Sanidade polo peche do centro de saúde de Beiramar