Iolanda Veloso califica de auténtica desfachatez o dcumento presentado polo PP sobre os aeroportos
Tras a xuntanza sobre aeroportos mantida polos representantes das formacións con representación municipal a petición do grupo popular, a voceira do BNG, Iolanda Veloso, calificou de auténtica desfachatez o documento presentado polo PP. Segundo explicou, a proposta trasladada hoxe polo Partido Popular recolle o acordo plenario do pasado mes de xullo, no que xa se defendía a coordinación entre as tres terminais galegas.
Resulta rechamante que fagan unha proposta que insiste na necesidade de que haxa complementariedade, que non haxa axudas e que solicitan á Xunta que fagan un esforzo pola coordinación cando a propia Xunta acaba de dicir que se desentende, comentou Iolanda Veloso.
A portavoz nacionalista criticou que os populares aquí din unhas cousas para calmar os ánimos e na Xunta siguen defendendo as axudas as aeroliñas. Neste sentido, e tendo en conta o contraditorio posicionamento dos populares, expresou o temor de que a situación dos aeroportos galegos se vaia solucionar a curto prazo.
Como exemplo das contradicións dos populares, Iolanda Veloso fixo referencia tamén á análise xeográfica incluída na súa proposta, na que paradoxalmente non mencionan á deputación, cando para eles é unha administración que non se pode suprimir.
Por outro lado, sinalou que os tres grupos manifestaron o seu acordo na necesidade de que se apoie Peinador, así como na planificación das rutas. Porén, considerou que o curioso é que a proposta presentada hoxe veña precisamente dun partido que na Xunta e no goberno do Estado está torpedeando o aeroporto vigués. Neste sentido lembrou que a infraestrutura aeroportuaria depende de Aena, mentres que a coordinación entre os tres aeroportos galegos corresponde da Xunta de Galiza.
Continuidade das xuntanzas
Malia que Iolanda Veloso destacou que a xuntanza mantida hoxe non serviu para nada, avanzou que o BNG seguirá asistindo, co obxectivo de ter información sobre as reunións técnicas que se están celebrando sobre os aeroportos galegos. Nesta liña explicou que o alcalde informou de que tras a xuntanza celebrada con Aena agora se están mantendo reunións cos técnicos correspondentes.
Ao respecto, e aínda que o BNG valora positivamente a celebración destas xuntanzas, a portavoz nacionalista criticou a proposta de Aena, ao considerala descompensada. Seguimos botando en falta unha coordinación real entre os tres aeroportos, salientou a portavoz municipal do BNG, quen puxo como exemplo o voo a París: Se existe e está consolidado en Vigo non ten sentido que o haxa tamén en Lavacolla, e moito menos que o subvencione a Xunta, asegurou.