Santi Domínguez salienta que o plan do Consorcio cumpre as demandas do BNG para o Casco Vello
Recuperación da fachada do Berbés e investimento económico das dúas administracións implicadas centran as reivindicacións do Bloque
O concelleiro do BNG e vicepresidente do Consorcio do Casco Vello, Santi Domínguez, destacou a relevancia das actuacións que recolle o Plan de Actuacións para o Casco aprobado por este organismo para o periodo 2013-2017. Salientou que inclúe as dúas reivindicacións que el mesmo planteou no seo do Consorcio, como son o compromiso para recuperar a fachada do Berbés e aposta económica na rehabilitación do barrio histórico da cidade.
Hoxe é un día importante para o Casco Vello porque por fin se vai acometer unha vella demanda, como é a recuperación integral da fachada do Berbés, subliñou Santi Domínguez, quen asegurou que se trata dun programa sumamente ambicioso no que se cumpren as expectativas do Bloque na aposta polo casco histórico.
O edil nacionalista destacou asemade que co proxecto aprobado polo Consorcio dase continuidade ao traballo iniciado no 2007 de aposta decisiva polo Casco Vello, sendo nese momento concelleiro de Cascos Históricos. Ten unha importante vocación de continuidade no traballo comezado entón, manifestou.
Vontade política
Santi Domínguez tamén quixo poñer valor mente o esforzo de todos os integrantes do Consorcio do Casco Vello na aprobación deste plan. Este caso demostra que cando hai vontade política non é necesario manter a política de confrontación, destacou, poñendo como exemplo a achega económica que realizan as dúas administracións implicadas, Concello e Xunta de Galiza.
Para o concelleiro nacionalista, non paga a pena manter a política de confrontación, xa que está claro que cando hai interse en chegar a acordos as distintas administracións poden colaborar e quen sae beneficiada é a cidade.