Serafín Otero: “No BNG temos o mellor proxecto e a mellor equipa para mudar o rumbo de Vigo”

Serafín Otero: “No BNG temos o mellor proxecto e a mellor equipa para mudar o rumbo de Vigo”

O BNG – Asembleas Abertas vigués abriu a campaña electoral no Paseo de Alfonso nun acto que contou coa participación da meirande parte da candidatura

 

pegada SerafínVigo, 7 de maio de 2015.- O candidato do BNG – Asembleas Abertas á alcaldía de Vigo, Serafín Otero, animou a votar decididamente á fronte nacionalista o vindeiro 24 de maio porque segundo subliñou “temos o mellor proxecto e a mellor equipa para mudar o rumbo de Vigo”.

Serafín Otero apostou por seguir “traballando a tope” nas xornadas de campaña que comezan hoxe, co obxectivo de trasladar á cidadanía a mensaxe do BNG como alternativa de goberno, “lonxe da política de escaparate do PSOE e dos terribles recortes do PP”.

“Temos propostas para crear emprego, evitar os desafiuzamentos, potenciar o comercio de proximidade e mellorar a calidade da democracia na nosa cidade, entre outras medidas”, explicou o candidato nacionalista, para quen “non todas as formacións políticas poden dicir o mesmo”.

inicio campaña

No tocante á equipa de BNG – Asembleas Abertas, Otero subliñou que se trata dunha lista integrada por persoas “moi representativas dos movementos sociais da cidade”, tanto sindical, sanidade, deporte, ou mesmo de quen máis sofre as consecuencias da crise, as persoas desempregadas ou cun traballo en precario.

“Todas elas teñen capacidade, ilusión e ganas para traballar na transformación de Vigo nunha cidade participativa, máis xusta e sostible”, destacou o candidato do Bloque.

 

Serafín Otero: “No BNG temos o mellor proxecto e a mellor equipa para mudar o rumbo de Vigo”