O BNG reclama que se inicie o proceso de reforma constitucional do modelo de organización provincial

O BNG reclama que se inicie o proceso de reforma constitucional do modelo de organización provincial

Iolanda Veloso denuncia que o PP pretenda impedir que os concellos teñan autonomía políticas para poñer en marcha “políticas diferentes”

 

Vigo, 24 de febreiro de 2014.- O pleno respaldou a proposta BNG, cos votos a favor do PSOE e a oposición do PP, para que se inicie o proceso de reforma constitucional sobre o modelo de organización provincial e local do Estado español. Na súa intervención, a portavoz municipal nacionalista explicou que para o BNG esta reforma debe considerar que as estruturas territoriais básicas do Estado español serán os municipios e as comunidades autónomas.

Iolanda Veloso tamén destacou que esa remodelación debe acometer o proceso de extinción das deputacións provinciais, de xeito que o novo mapa institucional debe deseñarse a partir da realidade territorial de Galiza, baseado na articulación a través de concellos e comarcas.

A portavoz municipal do BNG criticou a oposición popular a estas propostas e a súa restrición á autonomía local a través da súa reforma local. “Vostedes pretenden impedir que os concellos teñan autonomía política para e que poidan poñer en marcha políticas diferentes e que atendan as necesidades da cidadanía”, destacou.

Nesta liña mostrou a oposición do Bloque a que o Partido Popular considere “servizos impropios dos concellos” os servizos sociais, as políticas de igualdade ou de normalización lingüística. “Vostedes consideran que hai que controlar politicamente aos concellos a través das deputacións, que son os brazos executores do goberno central”, denunciou.

A moción aprobada tamén insta a iniciar a tramitación para a formalización do conflito en defensa da autonomía local contra os artigos primeiro e segundo e demais disposicións afectadas da Lei 27/2013, de 27 de decembro de 2013, de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local (BOE nº 312 do 30 de decembro de 2013). Ademais, solicita o ditame do Consello de Estado, conforme ao estabelecido no artigo 75 ter 3 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

 

O BNG reclama que se inicie o proceso de reforma constitucional do modelo de organización provincial