Novas
zona verde madrid

O BNG volve demandar a implantación da zona verde no estacionamento regulado de Vigo

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, urxe aplicar esa medida que xa está prevista na actual ordenanza municipal para paliar o grave problema de aparcamento para residentes do Casco Vello e zona centro.
  • A fronte nacionalista expresa a súa oposición a que se alongue a 4 horas o tempo de permanencia na zona azul, como vén de anunciar o alcalde, xa que suporía “converter as rúas do centro nunha especie de parking privado de pago en superficie”
Ler novas
SAVE_20191120_181712

O Bloque propón a gratuídade do autobús urbano a todas as persoas menores de 14 anos

  • A fronte nacionalista presentou 15 emendas ao Proxecto de Regulamento de Transporte de Viaxeiros por Autobús da cidade.
  • Demandan tamén que se alargue o período de transbordo gratuíto a 60 minutos, que se garanta a conexión dos barrios e parroquias, a obrigatoriedade de que existan tarifas bonificadas, máis participación no deseño do servizo e que se estuden fórmulas para permitir o acceso de animais de compañía.
Ler novas
cartel nadal

O BNG critica os anuncios do nadal de Vigo coa foto de Abel Caballero

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, cualifica de “frikismo político” a inserción dunha foto do alcalde na cartelaría. “Barcelona tiña a Cobi, Sevilla a Curro, e agora Vigo ten a Caballero que vai camiño de substituír o dinoseto”, ironizou.
  • A fronte nacionalista reclama que a campaña de “autobombo” do rexedor non se pague con diñeiro público e pregúntase que diría o PSOE vigués se a Xunta do PP fixese o mesmo promocionando Galiza coa cara de Feixóo.
Ler novas
FOTO PONTON E DA SILVA REUNIÓN AUTOMOCIÓN VIGO 2

Pontón pide sumar na candidatura nacionalista todo o voto de país: “Galiza gana co BNG no Congreso”

  • Compromete o apoio do Bloque ao sector da automoción: “Temos que facer os deberes para non repetir a situación das electrointensivas”
  • Carme da Silva: “é fundamental que este sector sega a ser o motor económico que sempre foi para Vigo”
  • Tarifa eléctrica galega para que gane en competitividade e un plan industrial con investimentos da Xunta e do Estado que facilite a adaptación os novos retos tecnolóxicos, entre as medidas
  • Tamén plan de formación en novas tecnoloxías para adaptase a transición enerxética e xubilación os 61 para rexuvenecer os cadros de persoal
Ler novas