bombeiros
Novas
xpi02

O BNG de Vigo alerta de que non hai garantías de operatividade para os bombeiros da cidade no verán

A fronte nacionalista denuncia que a falla de persoal e a nefasta xestión de Elena Espinosa comprometen a capacidade de resposta dos bombeiros.

Xabier P. Igrexas: “Despois de sentenzas que anularon o ilegal decreto de permanencia ou que condenaron a vulneración de dereitos dos bombeiros por parte do Concello, o Goberno de Caballero non fixo absolutamente nada por resolver o problema. Estamos igual ou peor que ao inicio”

Ler novas
Novas
DSC_0090_

O BNG de Vigo alerta da insuficiencia de persoal nos bombeiros na cidade para encarar a tempada estival

A fronte nacionalista pide que a concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, explique publicamente como vai organizar o servizo contando con apenas 80 efectivos en activo e rexeitan as gardas localizábeis.

Xabier P. Igrexas: “Despois de case 10 meses de folga indefinida nos bombeiros, a única resposta do Goberno municipal foi non facer nada. Cero diálogo, cero interlocución, cero solucións”.

Ler novas
Novas
bombeiros

Xabier P. Igrexas: “A decisión sobre onde instalar o novo parque de bombeiros non pode ser nin por capricho, nin improvisada”

O BNG de Vigo demanda que o alcalde explique os motivos polos que decidiu non construír o novo parque en Bouzas, como prometeu durante anos, e opta agora por facelo nunha nave industrial en Esturáns. 

Piden que antes de adoptar unha decisión definitiva se elabore un estudo isócrono que mida os tempos e capacidades de resposta para evitar que o novo parque se converta nun “mal parche”. 

Fanse eco das dúbidas que a nova localización produce entre os propios bombeiros que alertan de que non é un lugar axeitado. 

Ler novas
Goberno local
2019-06-15 ActoProtestaBombeirosConcelloVigo05

O BNG de Vigo demandará no Pleno solucións diante da “situación límite” dos bombeiros da cidade

  • O concelleiro, Xabier P. Igrexas, denuncia a inacción do Goberno municipal cando transcorreron 20 días de folga indefinida.
  • O BNG presentou unha moción de urxencia para o seu debate no Pleno deste mércores, reclamando que se atendan as reivindicacións do colectivo.
  • A fronte nacionalista esixe que se “deixe de xogar coa seguridade das viguesas e os vigueses”.
     
Ler novas
Goberno local
FT_ReuniónBombeiros

O BNG de Vigo esixe que o Goberno municipal actúe para resolver a situación límite do corpo de bombeiros 

  • Despois de que a única resposta do executivo á convocatoria de folga para este 14 de agosto teña sido adiar a negociación cos sindicatos até setembro, o portavoz nacionalista, Xabier P. Igrexas, advirte a concelleira de Seguridade, Elena Espinosa de que “non é momento de coller vacacións, é momento de exercer as súas responsabilidades”.
  • O BNG volve reclamar que se informe dos cuadrantes de servizo desde o 1 de xaneiro de 2019 para que a cidade saiba durante cantas xornadas o Concello incumpre o mínimo de 20 efectivos operativos comprometendo a seguridade das viguesas e os vigueses. 
Ler novas