O BNG alerta que o recorte da seguridade na Cidade da Xustiza deixará Vigo sen gardas de 24 horas
A fronte nacionalista rexistra iniciativas no Parlamento galego para esixir unha rectificación do concurso de vixilancia privada dos edificios xudiciais, que prevé unha redución do persoal, tras manter unha reunión con CIG-Servizos
Carmela González: “Este prego de condicións deixa claro que a Xunta non vai poñer en marcha as gardas de 24 horas nos xulgados de Vigo que levamos anos demandando o BNG e o sector xudicial”
Xabier P. Igrexas: “O único que lle preocupou ao Partido Popular foi unha vistosa inauguración dun grande edificio, pero o que precisamos é dunha administración de Xustiza dotada dos medios necesarios para ser máis áxil e eficaz”