O BNG demandará no Pleno de Vigo que o goberno do Estado aprobe un novo decreto para garantir as bonificacións ao transporte e a suba das pensións
A fronte nacionalista critica o “espectáculo lamentábel” que están a ofrecer PP e PSOE xogando de maneira irresponsábel con cuestións de enorme importancia para a xente
O BNG formulará unha emenda transaccional á moción de urxencia do PSOE para que o Pleno demande do Goberno español a aprobación dun novo Real Decreto-Lei tras o rexeitamento no Congreso do decreto “ómnibus”
Xabier P. Igrexas: “A política debe servir á xente, debe estar orientada a atender mellor as necesidades do pobo, non para satisfacer estratexias electoralistas, nin de desgaste dun Goberno nin de erosión da oposición”