Coronavirus
Novas
Xabier P Igrexas en rolda de prensa

O BNG lamenta a falla de medidas de apoio real do Concello de Vigo ás PEME e o tecido comercial

Xabier P. Igrexas: "As únicas empresas que van recibir axuda do Concello, por importe de 300 mil euros, son as da UTE contratada por Caballero para xestionar unha oficina de asesoramento a pequenas empresas e emprendedoras"

A fronte nacionalista reitera a urxencia de despregar unha Estratexia Local de Promoción Económica e do Emprego para enfrontar os efectos da crise do coronavirus.

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo propón que se estude a instalación de canceladoras da tarxeta Pass na porta traseira dos buses

A fronte nacionalista demanda que o Goberno municipal atenda as peticións do Comité de Empresa de Vitrasa sobre medidas preventivas no transporte urbano.

Instan a supervisar a instalación de mamparas de protección para asegurar a súa homologación, o reforzo con máis frecuencias para reducir a afluencia de viaxeiros nos buses e que se manteñas os servizos hixiénicos instalados para o persoal condutor.

Ler novas
Novas
pleno01

O BNG de Vigo solicita ao alcalde un encontro con todas as forzas políticas para activar a resposta do Concello ás consecuencias sociais e económicas da crise da Covid-19

Xabier P. Igrexas: “Cando se cumpre un mes de que o BNG propuxemos no Pleno un Plan de Protección Social e unha Estratexia de  Promoción Económica e do Emprego, a resposta por parte do Goberno municipal foi até o momento o silencio”,

A fronte nacionalista sinala a urxencia de despregar medidas concretas para evitar que as clases populares e traballadoras paguen as consecuencias da crise e para blindar o tecido produtivo e comercial e asegurar o emprego.

Ler novas
Novas
IMG_20190530_180929_373

O BNG pide que Corina Porro aclare se a Xunta vai levantar a intervención da residencia de DomusVi Barreiro nos vindeiros días

Xabier P. Igrexas: “Cremos, e así o dixemos, que a Xunta de Galiza equivocouse ao demorar a decisión de intervir a residencia DomusVi Barreiro. O que lle pedimos agora é que non volva equivocarse por segunda vez retirando esa intervención antes de tempo”.

A fronte nacionalista demanda que a Delegada Territorial da Xunta en Vigo explique en detalle e con total transparencia como se ten desenvolvido até o momento a intervención pública desa residencia.

Ler novas
Novas
DSC_0003

Xabier P. Igrexas: “A cultura é un ben de primeira necesidade, temos que protexer o tecido cultural de Vigo das consecuencias da crise do coronavirus”

O BNG promoverá unha moción no Pleno de mañá para que o Concello de Vigo despregue unha batería de medidas extraordinarias de apoio e impulso ao tecido cultural da cidade.

A fronte nacionalista propón unha Mesa Cultural da Cidade, evitar a cancelación das actuacións xa contratadas, priorizar grupos locais e en lingua galega, poñer en marcha unha programación municipal nunha plataforma dixital e liña de axudas extraordinarias.

Demandan tamén a implicación de Xunta de Galiza e Goberno español para evitar que a crise do coronavirus desertice a actividade cultural na cidade.  

Ler novas
Novas
xabier bng concello

O BNG de Vigo propón a redución do aforo dos buses urbanos e o reforzo da súa limpeza

Advirten de que coa actual limitación non se garanten as distancias mínimas de seguridade entre usuarias e usuarios o que supón un claro risco de contaxio.  

A fronte nacionalista suxire tamén que a falla de saldo na tarxeta Pass ou na tarxeta moedeiro non supoña a denegación do servizo nun momento onde os caixeiros para a recarga están moitas veces saturados e con longas fileiras.  

Ler novas