Xabier P. Igrexas: “A fuxida ao estranxeiro de Juan Carlos I deixa sen argumentos a quen se nega a retirar o seu busto na praza do Concello”
O BNG de Vigo insiste na necesidade, por hixiene democrática, de retirarlle calquera honra e distinción municipal ao monarca emérito.
A fronte nacionalista convoca unha cazolada contra a monarquía, desde as varandas e xanelas de toda Galiza, para hoxe, martes, ás 21:00h.