O BNG de Vigo pide ao Goberno local que deixe de maltratar os e as atletas da cidade
A fronte nacionalista critica o feche durante todo o mes de agosto das pistas de Balaídos e denuncia a deficiente xestión do seu uso e a falla de mantemento das instalacións.
Demandan que se retire a esixencia de ter licenza federativa para poder facer uso das pistas por considerala “absurda e inxusta”.
Xabier P. Igrexas: “En lugar de apostar polo deporte de base e estimular a práctica do atletismo, a concellaría de Manel Fernández parece buscar o contrario”