O BNG de Vigo pide a dimisión do concelleiro de Deportes se non soluciona o abandono dos pavillóns
A fronte nacionalista esixe actuacións urxentes ante as graves deficiencias nas instalacións deportivas municipais e poñer punto e final ao proceso de privatización
Reclama a devolución das cotas das persoas usuarias dos ximnasios do Carme, do Berbés e de Samil após os reiterados peches inxustificados das últimas semanas
Filipe Abalde: “As viguesas e vigueses non poden seguir aturando tanta incompetencia á fronte da política deportiva municipal”