O BNG de Vigo demanda que o Goberno municipal desista da privatización dos pavillóns deportivos da cidade
A fronte nacionalista instará nas Comisións Informativas do Pleno, que terán lugar mañá mércores, que se retire o proceso de licitación aberto e que se adopten as medidas precisas para aumentar o persoal municipal que atende as instalacións deportivas.