O BNG de Vigo esixe ao PP que deixe de utilizar a Deputación de Pontevedra como “un instrumento partidista” na cidade
A fronte nacionalista acusa a vicepresidenta segunda do organismo provincial de empregar recursos públicos como plataforma de promoción política e reclama actualizar o financiamento que recibe a cidade
Xabier P. Igrexas: "Os recursos que recibe Vigo da Deputación non son un agasallo do Partido Popular, son recursos que lle corresponden á maior cidade da provincia e do conxunto da Galiza"