O BNG demanda un aumento de 94 millóns para Vigo co fin de mellorar os “inxustos e inúteis” orzamentos da Xunta de 2022
As deputadas, Alexandra Fernández e Carmela González, presentaron publicamente as emendas da fronte nacionalista centradas na reactivación produtiva e económica, o fortalecemento dos servizos públicos, atender importantes déficits históricos en infraestruturas e unha aposta pola sustentabilidade e a innovación.
Xabier P. Igrexas: “Estas contas demostran que o Partido Popular de Feixóo, pero tamén de Marta Fernández-Tapias e de Javier Guerra, non ten nada que ofrecerlle a Vigo”.