O BNG de Vigo reclama un esforzo “récord” en política social fronte ao tesoirazo nos orzamentos municipais de 2023
A fronte nacionalista tacha de “indecente” que o Goberno municipal pretenda recortar as axudas sociais municipais un 22% no actual contexto de agravamento da crise e aumento do empobrecemento e a pobreza
Propón nas emendas ao proxecto de orzamentos un aumento das partidas sociais, das becas de comedor e libros, medidas para facilitar o acceso á vivenda e máis recursos para o emprego e o comercio local
Xabier P. Igrexas: “Cun presuposto récord do que presume Caballero, o BNG cremos que hai que facer un esforzo tamén récord para facermos do Concello un parapeto social contra a crise”