Novas
O BNG de Vigo denuncia demoras dun mes nos servizos sociais do Concello e urxe reforzos fronte á crise
A fronte nacionalista ve inadmisíbeis as longas esperas para unha cita cando a cidade enfronta un agravamento da emerxencia social e dispón de recursos para mitigala.
Xabier P. Igrexas: “Os servizos sociais municipais seguen ao límite do seu colapso, cada traballador/a social asume case cinco veces máis poboación da recomendada”.