expedientes
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG Vigo, coa carta de interese

O BNG solicita todas as cartas de interese enviadas polo Concello de Vigo a promotoras de concertos dende 2022

A fronte nacionalista reclama acceso a esta documentación diante das “continuas falsidades” do Goberno municipal sobre o patrocinio de Guns N’ Roses, entre elas que a carta de interese remitida a Sweet Nocturna era similar a moitas outras emitidas

Xabier P. Igrexas: “Do que dependa do BNG, as viguesas e vigueses van coñecer toda a verdade, caia quen caia, de como xestiona os recursos públicos o Goberno de Caballero”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

Xabier P. Igrexas retruca a Font sobre Guns N’ Roses: “A cidade merece menos mentiras e máis transparencia”

O portavoz municipal do BNG Vigo insiste en que arestora continúa sen ter acceso aos 41 documentos e expedientes relacionados co concerto

A fronte nacionalista considera “raro e sospeitoso” que a carta de interese remitida a Sweet Nocturna en outubro, e da que nunca falou o Goberno, se incorpore nun expediente en xuño

Xabier P. Igrexas: “Font dixo solemnemente que non houbo acordo previo coa promotora. Agardemos que nos vindeiros días ou semanas non acabe aparecendo algún outro documento, formal ou informal, ou outro tipo de proba que o refute. De suceder sería un punto de non retorno”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo denuncia que Caballero segue sen facilitarlle os expedientes do concerto de Guns N’Roses

O Goberno municipal volve incumprir o Regulamento Orgánico do Pleno ao non facilitar en prazo acceso aos 41 documentos e expedientes solicitados polo BNG e ao negarse a aclarar se houbo ou non un acordo previo coa promotora do concerto

Xabier P. Igrexas: «Canto máis se empeñan en ocultar máis apesta todo a chanchullo. As viguesas e vigueses merecen saber como se ian usar case 2 millóns de euros de diñeiro público»

Ler novas