O BNG de Vigo votará contra a reforma da antiga sede da FAVEC coa que Caballero quere facer irreversíbel o seu desaloxo
A fronte nacionalista denuncia que a licitación de 338.000 euros para o local da Praza da Princesa culmina unha “ofensiva autoritaria” contra o movemento veciñal organizado
Rexeita a xustificación “cínica” da necesidade de espazo para dependencias administrativas de Urbanismo e cualifica a decisión de “vinganza partidista”
Xabier P. Igrexas: “Non é só un desaloxo inxusto é un autoritario aviso a navegantes de Caballero para todo o tecido asociativo e os movementos sociais: moito ollo co que dicides e facedes”