Iolanda Veloso amosa a documentación presentada pola Favec requirida para asinar o convenio de 2013

Iolanda Veloso amosa a documentación presentada pola Favec requirida para asinar o convenio de 2013

documentación Favec

O Bloque critica a xestión feita desde a Concellería de Participación Cidadá tano no plan de compensación contra a crise como nas relacións cos cidadáns e cidadás 

Vigo, 16 de xaneiro de 2014.- A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, fixo pública a documentación presentada pola Federación Veciñal no rexistro do Concello de Vigo que lle foi requirida para asinar o convenio correspondente a 2013. “Pode probarse así que os problemas técnicos dos que falaba onte o concelleiro de Participación Cidadá non son certos”, destacou en referencia ás manifestacións feitas onte polo edil socialista.

Iolanda Veloso destacou que a existencia desta documentación amosa que o problema radica na “falta de vontade política” do concelleiro de Participación Cidadá e do goberno municipal para chegar a acordos coa Federación Veciñal en concreto ou con outros colectivos da cidade en xeral. “Atopamos unha falta de vontade clara por asinar o convenio por parte do goberno local”, subliñou.

Pola contra, a portavoz municipal do Bloque destacou que o BNG sempre estivo en contacto coa Favec, tanto no anterior mandato co BNG no goberno como no actual, “porque estamos convencidos da súa importancia como representativa da veciñanza e de que é fundamental negociar e falar con ela”, apuntou.

Entre a documentación amosada, con 30 de setembro figura a copia de diversos documentos como a certificación da memoria .”Incluso posteriormente presentouse máis documentación da que houbo resposta por parte do departamento”, sinalou ao respecto Iolanda Veloso.

“A concellería de Participación Cidadá non é nin de participación nin cidadá”, subliñou a responsable nacionalista, quen destacou que a súa falta de xestión xa foi patente na tramitación do plan de compensación contra a crise, ao respecto do cal Iolanda Veloso lembrou que o Bloque se viu na obriga de pedir a comparecencia do edil e que este tamén dixo na súa comparecencia “cousas que non eran certas”, tales como que xa comezaran a pagarse as axudas.

Para Iolanda Veloso, a xestión das bolsas de comedor é outro exemplo da ineficacia do goberno. Ao respecto sinalou que a comezo de curso non estaban tramitadas e tras a resolución quedaron máis de 400 familiares en lista de agarda. “E agora en xaneiro o alcalde acórdase desas familias”, denunciou.

 

Iolanda Veloso amosa a documentación presentada pola Favec requirida para asinar o convenio de 2013