fiscalidade
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo rexeita a suba xeral dos impostos municipais e anuncia emendas para unha fiscalidade xusta

A fronte nacionalista considera que non hai xustificación económica que motive o aumento dun 4% cando o Concello conta con “remanentes récord” e deixa cada ano sen gastar 4 de cada 10 euros dos orzamentos: “É unha verdadeira estafa social”

Pide alargar as bonificacións e as exencións tendo en conta o poder adquisitivo das persoas e das familias para que aquelas con menos recursos paguen menos

Xabier P. Igrexas: “Neste contexto de agravamento da crise e de carestía de prezos, non é momento de aplicar subas xerais que avanzan no empobrecemento da maioría”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG de Vigo

O BNG de Vigo emenda as ordenanzas fiscais de Caballero para reducir os impostos aos fogares con menos ingresos

A fronte nacionalista formula 43 emendas á «insuficiente» revisión presentada polo Goberno local para avanzar cara unha fiscalidade municipal «máis xusta» no actual contexto de agravamento da crise

Exencións e bonificacións das principais taxas municipais, un plan de pago para fraccionar o abono e maior presión fiscal para grandes empresas, bancos e casas de apostas, entre as medidas propostas polo Bloque

Xabier P. Igrexas: «O mesmo Abel Caballero que se apunta ao Ayusismo fiscal di que non a todas estas medidas que buscan aliviar a situación límite de moitos fogares»

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, concelleiro BNG Vigo

O BNG de Vigo cualifica de «rotundamente insuficiente» a conxelación de taxas e pide unha fiscalidade municipal socialmente xusta

A fronte nacionalista anuncia unha ampla batería de emendas na tramitación das ordenanzas fiscais do 2023 para alargar as bonificacións e exencións as persoas e fogares con menores recursos e ao pequeno comercio.

Xabier P. Igrexas:«No actual contexto de crise, cunha inflación disparada que que coloca a moitos fogares da nosa cidade nunha situación límite, non abonda cunha conxelación. Temos que ir a unha verdadeira reforma fiscal que faga que quen menos ten, pague menos»

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo cualifica de “burla e saída en falso” o cambio do recibo de auga e reivindica a remunicipalización do servizo

Xabier P. Igrexas: “Abel Caballero cambia a estrutura da factura, aumentando un 276% os custes fixos, para quedar máis menos como estamos. Non é aceptábel. Iso non é o que reivindicou desde hai moitos anos a veciñanza da cidade”.

A fronte nacionalista formulou 38 emendas ás ordenanzas fiscais do 2021 que apostan “nunha fiscalidade municipal socialmente xusta”, alargando bonificación e exencións ás rendas máis baixas.

Ler novas
Goberno local
bembrive

O BNG demanda unha fiscalidade municipal “socialmente xusta” en Vigo

As alegacións presentadas pola fronte nacionalista ás ordenanzas fiscais do ano 2019 avanzan na “progresividade”, para reducir o esforzo fiscal das familias con menores recursos.

Demandan, entre outros, a gratuídade do autobús para persoas desempregadas e sen ingresos, facilidades no aprazamento e pago aprazado das taxas, a modificación do recibo de auga, e que se bonifique o 95% do IBI á Universidade e aos locais de entidades sen ánimo de lucro.

Ler novas