galiñeiro
Novas
eolicos 02

O BNG rexeita en Vigo o modelo “espoliador e depredador” que a Xunta pretende impoñer no sector eólico

A fronte nacionalista realizou un reparto informativo no Calvario para dar a coñecer as súas alternativas fronte ao modelo eólico do Partido Popular que, denuncian, está ao servizo dos intereses “do oligopolio privado das eléctricas e de fondos de investimento estranxeiros”.

A deputada, Alexandra Fernández, demanda outro modelo de aproveitamento eólico que protexa o medio natural, evite o desprazamento doutras actividades e garanta, a través dunha empresa pública galega, a xeración de riqueza e de emprego en Galiza.

O concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, anunciou o rexistro dunha moción no Concello para rexeitar o actual modelo eólico e demanda o alargamento da protección ambiental da Serra do Galiñeiro.

Ler novas