lei-mordaza
Novas
orzamentos 01

O BNG denuncia que PSOE e PP “amordazan” as Viguesas/es Distinguidas/os deste ano cun veto antidemocrático

Populares e socialistas exclúen da proposta de nomeamento que se votará mañá no Pleno ao Grupo de Apoio ao Colectivo Musical ‘La Insurgencia’ defendido polo BNG.

Xabier P. Igrexas: “Este veto antidemocrático devalúa as máximas distincións do Concello de Vigo, que deixan de ser un recoñecemento de toda a cidade para selo só dunha parte, convertendo as Viguesas e Vigueses distinguidos nunha especie de novo toisón de ouro da orde do Caballerismo”.

Ler novas
Actualidade
FT_Rolda

O BNG demandará no Parlamento de Galiza a derrogación da Lei Mordaza para evitar casos como o de Carlos e Serafín

“Hai que poñer fin a un marco legal de excepción que colida co exercicio de dereitos fundamentais como a folga, a manifestación e a liberdade de expresión”, denuncia o candidato á alcaldía Xabier P.Igrexas

“O que se debate aquí é o dereito da sociedade de rebelarse contra cuestións que lle resultan abusivas ou coas que non está de acordo”, apunta Montse Prado, deputada do Bloque no Parlamento de Galiza

Ler novas
Actualidade
bng 6 abril 2º foto

Apoiamos o grupo musical La Insurgencia e demandamos no Parlamento a derrogación da Lei Mordaza

O BNG reuniuse esta mañá co grupo de apoio a La Insurgencia, cuxos integrantes foron condenados a dous anos e un día de prisión por exerceren a liberdade de expresión. No marco desta xuntanza en Vigo, Luis Bará, deputado do Bloque Nacionalista Galego, presentou publicamente a proposición non de lei que o BNG defenderá no vindeiro pleno do Parlamento Galego en prol dos dereitos fundamentais e da liberdade de expresión.

 

Ler novas