libros
Novas
comedor escolar (2)

O BNG de Vigo urxe convocar as axudas de comedor escolar e libros ante un novo atraso do Concello

A fronte nacionalista denuncia que o prazo de matrícula escolar rematou un curso máis sen que o Goberno de Caballero teña iniciado o proceso para as bolsas municipais

Xabier P. Igrexas: “Non é de recibo que o Concello siga actuando con esta improvisación permanente, chegando tarde cada ano e obrigando ás familias a asumir gastos sen saber se despois serán compensados”

Ler novas
Novas

O BNG de Vigo urxe resolver as axudas de comedor e libros de texto antes do inicio do curso escolar

Denuncia que non están tramitadas despois de catro meses da fin do prazo de solicitude e reclama evitar a demora de cursos pasados, concedidas en decembro

Demanda que o Concello garanta que todo o alumnado que foi beneficiario conte coa bolsa de comedor desde o primeiro día mentres non se publican as listaxes definitivas

Xabier P. Igrexas: “Non podemos aceptar que un curso máis as familias e as ANPAs teñan que atravesar o calvario de non saber canto alumnado vai recibir estas axudas”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas e Ana Martínez con representantes da Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galiza (Bamad)

O BNG de Vigo pide rectificar o proxecto de biblioteca de Teis para evitar unha “estafa política” á veciñanza

A fronte nacionalista contrastou con responsábeis de Bamad que o proxecto municipal limita o espazo a unha sala de lectura, sen fondos nin persoal especializado

Demandan que se rectifique o proxecto aprobado por incumprir os estándares mínimos para unha biblioteca segundo os parámetros técnicos do Mapa de Bibliotecas de Galiza

Xabier P. Igrexas: “Despois de 11 anos e máis de 20 anuncios, Abel Caballero non pode seguir tomándolle o pelo á veciñanza. Teis merece unha biblioteca de verdade”

Ler novas
Novas

O BNG propón unha Semana da Literatura para converter Vigo na grande cidade galega do libro

A fronte nacionalista demanda máis compromiso do Concello coa promoción da lectura e un maior apoio ao sector editorial e ás librarías da cidade

Chama a potenciar a actual Feira do Libro, convocar un certame literario municipal e promover a organización dun Forum Editorial con vocación internacional

Ana Martínez: “De pouco serve gabarnos do vizoso sector editorial de Vigo ou das nosas grandes autoras e autores, se ese orgullo non se traduce en políticas públicas”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas no Pleno xunto coa concelleira Ana Martínez e o edil Filipe Abalde

O BNG denuncia que Caballero paraliza as axudas para libros para pagar unha parte delas antes das eleccións

A fronte nacionalista tacha de “escandaloso” este novo uso dos recursos do Concello para os intereses partidistas do rexedor, xerando un “prexuízo” para o 75% das familias

Xabier P. Igrexas: “É unha confirmación máis do carácter demagóxico e oportunista desta medida que o alcalde copiou do populismo fiscal das becas de Isabel Díaz Ayuso en Madrid”

Ler novas
Novas
Concentración da veciñanza de Teis en abril de 2023 para reclamar a biblioteca municipa no barrio

O BNG demanda a prometida biblioteca para Teis como primeiro paso para unha rede municipal en todos os barrios de Vigo

No Día das Bibliotecas, a fronte nacionalista reitera a necesidade de dotar dun mínimo de 20 bibliotecas municipais á cidade, que hoxe só conta coa Neiras Vilas no Calvario impulsada polo Bloque en 2011

Lamenta que o Goberno municipal só teña aberto salas de lectura na última década que non contan nin con libros nin con persoal bibliotecario

Ana Martínez: “Fronte a un Caballero alérxico aos libros, o BNG defendemos a cultura como un dereito e as bibliotecas como un instrumento imprescindíbel para garantilo”

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, Portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo emenda as “becas Ayuso” de Caballero para libros de texto

A fronte nacionalista rexeita a contía única fixada polo Goberno municipal e demanda que se asignen de maneira progresiva en función dos ingresos para “axudar máis a quen máis o necesite”

Piden que se exclúan os fogares con ingresos por acima dos 3.780 euros mensuais (3 veces o SMI) e que se dediquen só ao alumnado matriculado en centros públicos

Xabier P. Igrexas afea o “populismo demagóxico e oportunista” do alcalde e defende que “calquera axuda social para ser xusta ten que ser progresiva, para atender a realidade socioeconómica das familias”

Ler novas
Novas
Feira do Libro en Vigo 2023

O BNG critica a decisión do Concello de Vigo de encaixar a Feira do Libro nun lugar “inaccesíbel e sen visibilidade”

A fronte nacionalista lamenta a falla de apoio institucional a este evento, reducido este ano a un anexo dentro doutra festa e situado nun espazo estreito da peonil do Calvario

Chama a potenciar a Feira como parte dunha grande Semana da Literatura en Vigo, ampliando a programación de actividades e buscando unha localización axeitada

Xabier P. Igrexas: “Vigo merece moito máis que unha Feira do Libro minguada, con só 5 librarías, por causa das políticas dun Goberno municipal que despreza a cultura”

Ler novas