lingua
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo propón un decálogo de medidas para que o Concello promova o uso do galego na cidade

“Vigo en Galego x10” recolle dez medidas urxentes para multiplicar a presenza do galego na maior cidade da Galiza

Reclaman ao Goberno municipal de Abel Caballero que deixe de colaborar “por acción e por omisión coas políticas galegófobas da Xunta do PP”

Xabier P. Igrexas: “En Vigo hai unha maioría social que se orgulla do noso idioma e á que lle gustaría que o galego teña cada vez máis uso e espazo”

Ler novas
Novas
Afonso Becerra, Xabier P. Igrexas, Tamara Novo e Xosé Henrique Costas

Xabier P. Igrexas: “O galego ten futuro en Vigo, só hai que deixar de poñerlle atrancos e promover o seu uso”

O BNG pide que se actualice e desenvolva o Plan de Dinamización Lingüística do Concello de Vigo que foi aprobado en 2007

O portavoz municipal do BNG pon en valor as iniciativas sociais e culturais que están a “abrir novos espazos en favor do noso idioma” na cidade

Desde o Bloque demandan que o Concello se converta nun “axente normalizador en prol do galego” e esixen a Caballero que deixe de secundar a política “galegofóbica” que aplica o PP desde a Xunta

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de  Vigo

O BNG critica a “programación minúscula” do Concello de Vigo arredor do Día das Letras Galegas

A fronte nacionalista denuncia a “ridícula” actuación municipal nun contexto de emerxencia lingüística provocada polas políticas galegófobas da Xunta do PP

Afea que o Goberno de Abel Caballero destine 5 veces máis recursos a promover o inglés que a normalizar o uso da lingua propia

Xabier P. Igrexas: “O Concello ten que converterse nun axente activo en prol do galego”
Ler novas
Novas
Xabier P Igrexas, Ana Martínez e Filipe Abalde no Pleno

O BNG acada o compromiso do Pleno para actuar ante a “emerxencia” da lingua galega en Vigo

A moción da fronte nacionalista resulta aprobada, coas abstencións do PSOE e do PP, na defensa do dereito de todas as viguesas e vigueses a poder vivir plenamente en galego

Cualifica de "farsa" o Pacto pola Lingua que di promover o PP e afea as políticas "galegófobas" aplicadas pola Xunta de Galiza nos últimos 15 anos

Xabier P. Igrexas: "Como dixo Castelao, se aínda somos galegas e galegos é por obra e graza do idioma"

Ler novas
Novas
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG de Vigo

O BNG de Vigo demandará o compromiso do Concello a prol do dereito a “vivir plenamente en galego”

A fronte nacionalista levará unha moción ao vindeiro Pleno municipal demandando medidas en favor da efectiva normalización do noso idioma diante da situación de emerxencia lingüística que revelan os últimos datos oficiais

Xabier P. Igrexas: “O retroceso no uso do galego é consecuencia directa da política lingüística galegófoba, discriminatoria e excluínte aplicada nos últimos quince anos de goberno do Partido Popular na Xunta da Galiza contra do noso propio idioma”

Ler novas