Luis-Bará
Novas

Bará propón a creación dun Sergas Social para a atención á discapacidade, á dependencia e ás persoas maiores

O cabeza de lista do BNG reuniuse hoxe en Vigo coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, ante a que defendeu a necesidade de garantir o financiamento público da atención socio sanitaria

Defendeu a urxente apertura dos centros de día para que as persoas usuarias reciban atención especializada e dar respiro ás familias  

Ler novas
Novas
VIGO GALAXIA1

Bará avoga pola inxección de 20 millóns de euros no apoio á creación cultural nos vindeiros catro anos

O cabeza de lista do BNG visitou a editorial Galaxia en Vigo, onde propuxo un Fondo de Fomento da Creación Cultural e o selo ‘Creatividade Galega’ como unha marca de denominación de orixe e calidade

O nacionalista insistiu na importancia de que o futuro goberno galego dea un xiro nas súas políticas e considere a cultura como “ben esencial” 

Ler novas
Novas

Luís Bará aposta por declarar o sector da cultura como “ben de primeira necesidade” no país

O cabeza de lista do BNG propuxo en Vigo a creación dun bono cultural como medida do estímulo para o consumo de produtos galegos

O nacionalista presentou unha batería de medidas para dinamizar a cultura e o libro do país xunto á número tres da candidatura Alexandra Fernández e ao portavoz municipal Xabier P. Igrexas  

Ler novas
Novas

Luís Bará anuncia en Vigo que o BNG creará dende o goberno da Xunta un Grupo Naval Galego con intervención pública para xerar emprego de calidade no sector

O cabeza de lista subliñou a necesidade de poñer en marcha a Mesa do Naval, activar o proxecto do Centro de Reparacións na ría e resolver os problemas derivados na industria auxiliar

Participou hoxe xunto a Alexandra Fernández e Xabier P. Igrexas na manifestación que partiu de Barreras e rematou na delegación da Xunta

Ler novas