Xunta
Xabier P. Igrexas: "A onde tiña que vir Feixóo era ás portas de Vulcano a explicarlle aos traballadores porque un estaleiro centenario vai botar o feche"
03/out./2019
- O concelleiro do BNG en Vigo acompañou os traballadores de Vulcano que iniciaron hoxe unha marcha reivindicativa desde a cidade olívica até Compostela.
- A fronte nacionalista reitera a petición dunha “intervención pública” que garanta a continuidade do emprego e da actividade no estaleiro.