O BNG de Vigo promoverá unha declaración institucional para que o Pleno esixa que a nova concesión portuaria no antigo Vulcano garanta a continuidade do estaleiro
A fronte nacionalista dá a “benvida á rectificación” da posición do alcalde pero demanda un apoio “real e firme” para evitar a fin do estaleiro.
Xabier P. Igrexas: "Queremos que o Pleno envíe unha mensaxe clara e rotunda en nome da cidade de que non imos tolerar que o Partido Popular a través da Autoridade Portuaria acabe con este estaleiro para o converter nunha extensión da terminal de contedores”.