naval
Novas
Porto de Vigo

O BNG advirte que o novo plan estratéxico do Porto de Vigo non pode permitir novos recheos

Esixe que antes de elaborar o novo Plan a Autoridade Portuaria realice unha avaliación previa do vixente e que se dea resposta ás alegacións da Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios

A fronte nacionalista non admitirá novos recheos na Ría, que se promova a eólica mariña nin que se converta a antiga Vulcano (agora Estaleiros San Enrique) en ampliación da terminal de contedores

Xabier P. Igrexas reclama un proceso participativo e dialogado: “O deseño do futuro do Porto non pode facerse de portas a dentro dos despachos. A Ría é de Vigo e Vigo é da Ría"

Ler novas
Novas
vulcano

O BNG de Vigo pide un Centro de Reparacións Navais na antiga Vulcano en lugar de ampliar a terminal de contedores

Advirte de que a fin da concesión de estaleiros San Enrique que prevé a Autoridade Portuaria non pode significar a desaparición do sector naval das instalacións centenarias de Teis

Xabier P. Igrexas: “Para o noso futuro industrial é irrenunciábel blindar o sector naval, sendo innegociábel que esa parcela continúe destinada á construción e reparación de buques”

Ler novas
Novas

O BNG reclama políticas de reactivación industrial da Xunta en Vigo ante a continua destrución de empregos

A fronte nacionalista alerta da crise industrial que atravesa a cidade con 1.800 postos de traballo menos en actividades do sector no último ano, segundo os datos da EPA

Xabier P. Igrexas: “O futuro de Vigo non pasa polo monocultivo das luces de Nadal nin do Xacobeo, a cidade ten todas as condicións para ser o potente pulmón industrial de Galiza e a capital galega da innovación e a tecnoloxía”

Ler novas
Novas
O deputado Brais Ruanova, o portavoz municipal Xabier P. Igrexas, o xerente de Navalia Javier Arnau e a deputada Carmela González durante a visita á feira

O BNG chama a facer realidade un Centro de Reparacións Navais en Vigo para revitalizar o sector

A fronte nacionalista lamenta durante unha visita á feira Navalia a falla dunha política industrial da Xunta de Galiza para “impulsar as enormes capacidades deste sector estratéxico para a economía e o emprego”

Xabier P. Igrexas: “O BNG seguiremos a dar a batalla por retirar as limitacións que estrangulan o noso tecido empresarial e para defender o noso dereito a producir”

Ler novas
Novas
Ana Pontón, acompañada de candidatas/os e cargos do BNG, no Círculo de Empresarios en Vigo

Pontón compromete máis solo industrial na área de Vigo para facilitar a captación de investimentos e novas empresas

Fixa na reindustrialización de Galiza unha das súas prioridades e anuncia un plan para aumentar o peso deste sector no PIB ata o 23 % e xerar 12.000 empregos

Avanza que traballará como aliada de Vigo, prescindido da confrontación estéril, para que a cidade e toda a súa área sigan sendo un motor económico de Galiza

Mellorar as comunicacións con Portugal e traballar para acadar unha AP-9 libre de peaxes, entre as propostas do Bloque para aumentar a competitividade de Vigo

Ler novas
Novas
A deputada, Carmela González, e o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, reunida con CIG, CCOO e UXT.

O BNG esixe da Xunta medidas reais para poñer fin á «insoportábel sinistralidade laboral» nos estaleiros de Vigo

A deputada no Parlamento galego, Carmela González, reclama que na xuntanza da Mesa do Sector Naval saia «unha folla de ruta concreta con decisións verificábeis para atallar dunha vez por todas a gravísima e inaceptábel sinistralidade laboral»

A fronte nacionalista rexistrará unha nova batería de iniciativas no Parlamento para que a Xunta de Galiza faga públicos os datos reais sobre os accidentes que se rexistran no sector

Xabier P. Igrexas: «A raiz da brutal sinistraliedade labaoral no naval está na crecente precariedade laboral. Este modelo produtivo que insiste na precariedade é un risco para a seguridade, a saúde e mesmo a vida dos traballadores e traballadoras»

Ler novas